InicioPOLÍTICA"Forza Coruña", o lema branquiazul que utiliza a campaña do BNG

“Forza Coruña”, o lema branquiazul que utiliza a campaña do BNG

Publicada o

Por editor

Presentou á hora do vermú o BNG o lema co que concorra Francisco Jorquera na campaña das eleccións municipais. “Forza Coruña” é o lema, en clave deportivista, escollido pola lista, que se pode ver xa en Jorquera2023.gal, a web do BNG na carreira cara ao 28M, e mais no seu novo IG @fx.jorquera

“A Coruña é unha cidade con grande orgullo de si propia e enormes potencialidades. O que cómpre é poñelas en valor e mobilizalas para gañarmos o futuro”, sinalou o candidato durante a presentación. Forza Coruña é un lema que conecta co imaxinario colectivo coruñés”, explicou Jorquera, quen lembrou que na presentación do primeiro tramo da candidatura para o 28M o BNG empregou a expresión Orde e Talento, lembrando a mític frase de Arsenio Iglesias.

Sesións vermú

O BNG estreará ademais un novo formato de encontro coa veciñanza. Imos estrear un formato novo, o das Sesións Vermú co BNG, que entronca moi ben co que É o espírito da nosa cidade. Unha cidade que fai da rúa a casa común das coruñesas e dos coruñeses”, dixo David Soto, número 4 da nosa candidatura.

Haberá intervencións políticas, pero non serán as intervencións convencionais dun mitin convencional. “Terán un aquel de charla distendida coas veciñas e os veciños, o que corresponde á hora do vermú”, engadiu.

A primeira sesión vermú, así xa para abrir boca, será este domingo ás 13 horas no bar O Ambigú de Elviña (Praza Emilio Jaspe Deza), sede das emblemáticas sociedades Relámpago de Elviña e Tempo Novo, ben como da asociación veciñal Os Rexumeiros.

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here